



DSC_0065
DSC_0065
DSC_0065
DSC_0065
Tes o bautizo do teu/túa fill@ ou dalgún familiar ou amig@? Pois por suposto non pode faltar unha das nosas galletas personalizadas no evento para os convidados máis lambóns…
A continuación podes atopar parte do noso catálogo, e se non atopas o que buscas podemos deseñalo xuntos.
En LamasDulce deseñamos, fabricamos os cortantes e elaboramos as galletas para ti. Entregarémoschas nunha caixa personalizada para que ti e os teus as desfrutedes na vosa celebración… ah, e esquecíasenos,,, lembra que ademais de ser bonitas, están riquísimas, polo que non dubides en sacarlle as fotos que queiras e logo non deixar nin unha faragulla !!
Lembra que as galletas as facemos de xeito artesanal de unha en unha co agarimo especial que se merecen. É por iso que para tiradas grandes precisamos que nos avises canto antes para poder buscarlle oco na nosa axenda.