


DSC_0065
DSC_0065
DSC_0065
Queres que a túa mesa doce sexa diferente? Podemos convertela en espectacular grazas ás nosas galletas personalizadas. Só dinos a temática e adaptaremos as galletas ao evento.
Queres agasallarlle aos convidados un recordatorio en forma de galleta? A continuación tes algúns exemplos e se nada che coincide adaptarémolo para ti.
Na sección bautizos podes ver algún deseño que che pode encaixar nas túas galletas de comuñón, bótalle unha ollada dende aquí.
En LamasDulce deseñamos, fabricamos os cortantes e elaboramos as galletas para ti. Entregarémoschas nunha caixa personalizada para que ti e os teus as desfrutedes na vosa celebración… ah, e esquecíasenos,,, lembra que ademais de ser bonitas, están riquísimas, polo que non dubides en sacarlle as fotos que queiras e logo non deixar nin unha faragulla !!
Lembra que as galletas as facemos de xeito artesanal de unha en unha co agarimo especial que se merecen. É por iso que para tiradas grandes necesitamos que nos avises canto antes para poder buscarlle oco na nosa axenda.