Lamasdulce, galletas personalizadas
Galleteamos ?
Galleteamos ?
Cremos nos soños e convertémolos en deliciosas galletas. Lamasdulce nace para darlle un toque distinto e especial aos teus eventos e celebracións. Galleteamos?
Estás a preparar unha festa especial? Un aniversario, unha voda, un bautizo, unha comuñón… Ou pensando en facerlle o agasallo perfecto para os teus convidados? Dende LamasDulce asesorámosche para crear a galleta ideal. Non sabes por onde comezar? Pásate pola nosa sección de eventos e déixate levar. Seguro que alí atopas o que estás a buscar. EVENTOS
Para que nos días mais especiais do ano non te teñas que romper a cabeza pensando nese detalle diferente, nós facémolo por ti. Só entra e descúbreos. Adoza esas datas tan especiais coas nosas galletas.
Se tes unha empresa e queres sorprender aos teus clientes ou empregad@s con un agasallo doce… E se elaboramos unha galleta na que a esencia da túa marca, o teu tu logo ou o teu eslogan aparezca nela?
Enche o seguinte formulario e poderemos asesorarche. Tamén podes facer clic na ligazón de whatsapp, ou enviarnos un correo.
De seguido verás as respostas a algunhas das preguntas que estamos a recibir a cotío.
Entra na sección de pedidos alí tes explicado todo o proceso de pedidos paso a paso.
As nosas galletas son artesanais, por iso recomendamos o seu consumo antes de dous meses.
Polo momento non realizamos envíos nacionais das nosas galletas. Agardamos poder dar ese servizo en breve.
Non realizamos galletas para ningún tipo de alerxia e/ou intolerancia.
O prezo das galletas ven definido por varios factores importantes: complexidade do deseño, número de cores empregadas segundo a temática… Podes atopar deseños con papel de azucre dende 2 € a unidade e deseños sinxelos de galletas decoradas con glasa real dende 2,5 € a unidade.