DSC_0065
DSC_0065
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow

A nosa historia

Lamasdulce nace dunha promesa. A promesa que lles fixen ás miñas fillas hai anos. Prometín que algún día poderían levar ao colexio a galleta coa que sempre soñaran.

Hai moitos anos vimos unhas galletas decoradas e fascináronnos ás tres. Non estaban feitas con fondant se non cunha técnica moito mais elaborada, coidada e sobre todo difícil (pero incriblemente gratificante). Tratei de reproducilas e non foi posible conseguir algo digno. Pero prometinlles que algún día estarían orgullosas das galletas decoradas que lles prepararía.

Recibín formación presencial e on-line e sobre todo esforceime e practiquei moito. Repetín moitas galletas. Chorei moitas máis veces porque non saían e despois de moito esforzo aquilo converteuse no meu hobby e agora no meu modo de vida.

Por iso quero agradecerche que esteas aquí. Apoiando a miña loucura.

Grazas